26/3/20

ACTIVIDADES REPASO 1º ESO



A continuación propóñovos unha serie de actividades de repaso e afianzamento dos conceptos vistos neste curso.



1.    Coloca o artigo no xénero correcto. (1)

Teñen...... costume de sentar debaixo de..... árbore que está onda...... garaxe, aínda que alí..... calor fai que...... suor pingue ata de...... nariz.
Mediante.......... análises descóbrese...... orixe de...... dor. .........paisaxe que se vía desde...... ponte era incrible. Si, ...... xiz é branco coma...... leite e..... sal; e de que cor é..... mel?

2.    Forma o plural de: (1)



Dátil              
Robot            
Pantalón                  
Animal
Pel                
                                  
Luz                           
Túnel
Aerosol
Rei
Xirasol



3.    TEXTO (2)

En África existen moitos antílopes; son animais encantadores e moi rápidos na carreira.
Os habitantes de África son negros; aínda que  tamén os hai brancos, estes están de paso,veñen facer negocios e precisan da axuda dos negros, que prefiren bailar a construír estradas ou ferrocarrís, traballo moi duro e onde morren a miúdo.
Con frecuencia, cando os brancos chegan, os negros foxen, pois os brancos atrápanos e obríganos a facer os ferrocarrís ou as estradas.
Aqueles que non poden atrapar, atácanos a fusil,e por iso ás veces algunha bala perdida na montaña mata un pobre antílope adormecido.
Daquela, alegría para os brancos, pero tamén para os negros que a cotío andan mal alimentados.Os homes negros tocan os tambores e acenden grandes fogueiras.
Alá no alto da montaña, parentes e amigos do antílope míranse en silencio… Presenten que algo ocorreu…
Ao caer a tarde cada un dos animais pregúntase sen se atrever a levantar a voz para non inquietar os outros: “Onde foi?, dixo que voltaría ás nove… para a cea!”
Un dos antílopes , nun penedo, inmóbil, axexa a aldea, no val, alá embaixo, moi lonxe. Unha aldea pequeniña, chea de luz e de ledicia.
O antílope xa comprendeu, volta onda os outros e dilles:
“Xa non é preciso agardalo, podemos cear sen el…”
E os demais antílopes sentan á mesa, ninguén ten fame, ha ser unha comida ben triste.
                                   Adaptado de Contos para rapaces pillabans  de J. Prévert.

RESPONDE  ESTAS PREGUNTAS SOBRE O TEXTO:
·         A que van os  brancos a África?
·         Por que os negros prefiren bailar a construír estradas e ferrocarrís?
·         Como morreu o antílope e por que sucedeu iso?
·         Por que se dá conta o antílope de que o seu compañeiro non regresará?
·         Que intenta criticar o autor mediante este conto?


4.    Indica que clase de palabra é cada unha das que están en negriña no texto.(1)


5.    Acentúa este texto: (1)
A profesion de xornalista require non so preparacion senon tamen vocacion. Os correspondentes pasan dias e dias fora da casa. A sua mision e de moita responsabilidade; informan de onde hai guerras e do que pasa polo mundo adiante. Para iso, poñen os pes no mesmo lugar do conflito. E teñen que andar con ollo para sair cos osos sans e salvos.

6.    Subliña no texto da preg. 5 todas as palabras que leven acento diacrítico e explica claramente por que o levan.(1)

7.    Completa as seguintes oracións comparativas no grao que se indica, de haber varias posibilidades ponas todas. (2)

  1. Rubén era ......... fedello ......... o seu curmán.(+)
  2. OMiguel obtivo resultados ......... bos .........  ,a  primeira vista, pensaba.(-)
  3. Daniel é case …...... rico …...... o veciño.(=)
  4. Xamais conduciu ......... ben ......... elas.(=)
  5. Agora é ......... forte .........o Ricardo. (+)
  6. Paulo quérelle.........a ela……. a el. (+)
CONTINUACIÓN TAREFAS 1ºESO

O falcón é unha verdadeira  máquina de cazar no aire. A súa vista agudísima, dúas veces máis profunda ca a humana e oito veces máis precisa, permítelle a localización da presa, desde un paxariño, a unha pomba ou mesmo un parrulo. Quer desde a rocha onde axexaba, quer desde o voo de planado desde o que observaba, acelérase en poucos segundos, pega as afiadas ás ao corpo e inicia un picado a máis de trescentos quilómetros por hora, marca absoluta no mundo animal. A tal velocidade non pode cazar no chan, pois estrelaríase, polo que as súas vítimas teñen que ser sempre en voo; pero aínda máis: un choque contra unha gran presa e con ese impulso danaría gravemente o falcón, polo que este debe calcular de tal maneira o golpe que roce coas súas gadoupas preferentemente a cabeza da vítima, “acoitelándoa” para rematala despois. Tal precisión a tal velocidade e en escasos segundos! Asombroso! Outras veces o falcón acomete por detrás e por debaixo a presa e agárraa coas súas poutas polo ventre. Tales son as técnicas do máis perfecto cazador do mundo alado.

  1. Responde as seguintes preguntas sobre o texto anterior. (2)
  • Por que o falcón e a súa vítima deben estar ambos voando?
  • Como localiza o falcón as súas vítimas con tanta facilidade?
  • Por que o falcón debe simplemente rozar coas súas gadoupas a vítima?
  • Como inicia o falcón a persecución da súa vítima?

  1. Indica que clase de palabra é cada unha das subliñadas no texto anterior. (1)
  2. Busca no texto o seguinte. (1)
    • Dúas palabras con ditongo decrecente.
    • Dúas palabras con ditongo crecente.
    • Dúas palabras con hiato.

  1. Define as seguintes palabras. (0,5)
  • Cachón
  • Abeiro
  • Souto

  1. Pon en plural as seguintes palabras. (1)


  • País
  • Candil
  • Réptil
  • Túnel
  • Xoves
  • Curmán
  • Albanel
  • Noz
  • Tren
  • sol


  1. Pon unha oración en estilo directo e a continuación pasa esa oración ao estilo indirecto. (0,5)
  2. Pon o feminino das seguintes palabras. (1)
    • Xudeu
    • Ancián
    • Emperador
    • Catalán
    • Abusón
    • Ladrón
    • Lacazán
    • Patrón
    • Carneiro
    • Xenro


  1. Indica mediante o artigo o xénero das seguintes palabras.(1)
    • Legume
    • Pesadume
    • Leite
    • Sal
    • Calor
    • Sinal
    • Aguia
    • Ponte
    • Sangue
    • Cárcere

  1. Conxuga o verbo entre parénteses no presente de indicativo. (0,5)
    • Meu avó (DURMIR) sete horas ao día.
    • O alumno (REPETIR) o presente curso.
    • O excursionista (CUBRIR) o corpo cunha manta.
    • Os discípulos (SEGUIR) confiados ao mestre.
    • Esta bolsa non che (SERVIR) para gardar iso.


  1. Di o infinitivo correspondente ás seguintes formas verbais conxugadas. (0,5)
    • Caibamos
    • Vexamos
    • Puidera
    • Vallamos
    • Trouxese

  1. Das seguintes palabras acentúa as que o precisen. (1)
    • Chandal
    • Futbol
    • Esfera
    • Almacens
    • Azucre
    • Mandil
    • Cespede
    • Tunel
    • Marmore
    • Ascensor

 A TRABALLAR, ÁNIMO!!!!!

27/11/15

NEIRA VILAS NO RECORDO


 Casa - Museo do autor en Gres, Vila de Cruces
Hai unhas horas souben a noticia de que no dia de hoxe morreu Neira Vilas. Tiña 87 anos pero semellaba ser quen de chegar á eternidade. Sempre de centro en centro, de conferencia en conferencia, en encontros de diverso tipo...  Non sabería dicir as veces que o escoitei, con ou sen Anisia ao lado. Víase mermar fisicamente, pero sempre nos admirou a súa lucidez apesar dos anos. Recentemente alguén falando de Otero dixo que era como Pepe Neira Vilas, ía onde o chamasen, só había que ilo buscar. O seu compromiso co país e coa lingua foi innegábel, quede por iso no noso recordo. E non haberá mellor homenaxe que a lectura da súa obra.

Casualmente traballamos coas Memorias dun neno labrego a fins do ano pasado nalgunhas aulas, agora será sen dúbida tarefa inescusábel. Botaremos man outra vez da entrevista que lle fixeron Marga do Val e Xoán Carlos Garrido.

9/9/15

UN SEGREDO


Un día  descubrín emocionada que compartía un segredo con Fernando Namora. Se alguén me dixese naquel momento que acabaría por revelalo, tomaríao por tolo. Pero o tempo que nos trae unhas cousas, leva tamén outras. E, neste caso, por riba da reserva do íntimo está a beleza das palabras do escritor  de Coímbra.

Meu pai tiña sandalias de vento
só agora o sei
Tiña sandalias de vento e isto nin sequera é unha maneira de falar
andaba por lonxe os ollos fuxidos a expresión en ningures.
[...]
Andaba por lonxe ou sentiámolo lonxe
vén ser o mesmo
e no entanto viámolo sempre alí plantado coa inmobilidade absorta
no cepo de carballo veteado de negro
ao que o caruncho comera o miolo
 como as lagartas baleiran as mazás
estrañamente quieto murcho resignado
no seu estraño vagar
os ollos augados nunha tristeza que hoxe me doe
coma unha chamada perdida unha coraxe abortada
A ausencia era tan de mágoa urdida tan de fracaso tinguida
A ausencia era
altiva e desolada altiva e triste sobre todo triste tristeza sen tristeza solemne e irremediada
só agora o sei
[...]




27/6/15

ENTRE MIRTOS E LOUREIROS...





Mirtos, loureiros, campanillas e as súas adoradas hortensias, coas que tantas veces adornou Camiño longo recibirán agora caricias máis demoradas.

Coñecina de mociña por breves tres meses, pero ela non se lembra. Logo, despois de anos, as voltas da vida volvéronos xuntar. De aí en diante compartimos traballo docente, enfermidades familiares e felices nacementos. 
Tiven a tentación de agasallarvos cun retrato seu aos que a seguides na rede, pero abandonei a idea. Foi sempre muller tímida e discreta no profesional e no persoal, que só quere mostrarse a través das súas fotos de árbores, flores e penedas. Con todo aceptade a miña palabra de que é enteiramente fermosa.
Neste San Xoán, que para min foi de senlleiras despedidas, teño que dicirlle adeus á presenza cálida e diaria de Marina. E talvez, talvez non me vai ser fácil. Como xa dixo ela, poderémola seguir atopando no seu blog, aí seguirá traballando pola  lingua; nas aulas e nos corredores xa non. É un camiño que ela meditou moito e decidiu emprender, pero non soa. Que teñades os dous feliz viaxe.

 Ninguén está perdida nesa hora
cando o vento sopla
e hai unha lúa vertical, noviña,
que envolve de misterio os perfís.

Xohana Torres, Estacións ao mar.

25/4/15

PALABRAS QUE FEREN






"Haber" é un verbo, "a ver" é mirar, "Haver" non existe. "Hai" é haber; "aí", un lugar;  "ai", exclamación. "Ahí" e "haia" non existen. "Haxa", de haber; "acha", de encontrar; "aia", a que coida o neno. "Ía", de ir; "ive", o imposto. "Iba" e "iva", non existen. "Valla", de valer; "vaia", de ir e "baia", un froito.

A idea non é miña. A amiga dun amigo tíñao colgado no seu "muro". Eu só o adaptei. Dicía que loitaba contra o "terrorismo lingüístico"; eu non lle chamaría terrorismo, pero ás veces hai palabras que feren, polo menos á vista.

12/2/15

LEDICIA COSTAS NO BLANCO AMOR


Moi de vez en cando vénnos un agasallo disfrazado de casualidade. Algo así me pasou a min esta mañá de xoves. Man con man, Olga Novo e Ledicia Costas presidían un salón cheo de alumnos de 1º de ESO que, inquedos e curiosos, demandaban da autora de Recinto gris unhas respostas tan precisas que nin sequer os propios creadores son quen de dar ás veces.

Gustoume a cercanía da escritora, gustáronme as cuestións que lle formularon os rapaces e a sinxeleza e calidez dun acto que temperaron o noso salón, sempre xélido. Sei que Marina , organizadora do encontro, daría algo por poder estar hoxe connosco; pero, aínda non podendo ser, o seu traballo víase por toda a parte. Às profesoras de 1º, a Olga e por suposto, aos protagonistas, Ledicia Costas e alumnos, os meus parabéns.  



31/12/14

MEMORIAS DUN NENO LABREGO



Hai unha chea de anos a nosa profesora de Lingua mandounos ler Memorias dun neno labrego. Eu son desa xeración que se iniciou na lectura en galego con esta obra. Para min ten por tanto un valor afectivo que hai que engadir ao do propio texto.
Anos despois vinme eu mesma na tarefa de ter que escoller unha lectura para os meus alumnos. Nunca me decidín pola historia de Balbino. Sempre lle tiven medo. Se eu, que me criara no perímetro rural da cidade de Ourense, xa non partillaba máis ca algunhas vivencias do neno, como veriades vós ese mundo. Quizais non desexaba averigualo.
Este ano alguén máis valente ca min propuxo o libro. Sígolle tendo medo, pero agora xa coa esperanza de que ao ler vexades que o neno foi máis alá do seu tempo e do seu contexto. Que as memorias son unha homenaxe ao noso país, a un xeito de vida e á nosa dignidade como galegos. A dedicatoria do autor di: A todos os nenos que falan galego. Gustaría de que vós vos sentísedes incluídos.
Información sobre a obra aquí