17/4/12

CONTOS DO MUSEO

 


Cada dous anos en 2º ESO lemos Contos do museo, catro interesantes relatos que pretender fundir a realidade do museo, do seu edificio ou dalgunhas obras expostas coa ficción dos relatos. Os títulos son "Visita nocturna" de Xabier P. Docampo, "A serpe de pedra" de Agustín Fdez Paz, "Un paxaro posible " de Paco Martín e "Un trasno do museo no Tour de Francia" de Xosé Miranda. O libro vai acompañado de fermosas ilustracións de Xoán M. Balboa, Alejandro Carro, Macía e Paco Pestana.
É unha maneira diferente de visitar un museo que esperamos sexa do agrado de todos. Xa contaredes as vosas experiencias.


De lugo-virtual.com

O museo é, en parte, un antigo convento franciscano que foi rehabilitado e un  edificio anexo de nova construción.
Ten un refectorio e, se non nos engana Inés, a protagonista do primeiro relato, alí poderemos admirar a bóveda, o ledoiro, a piedade, etc. Visitaremos logo a cociña con esa cheminea onde, sempre segundo Inés, pode agocharse unha persoa. Dende o telladiño desta cociña mexáballes o trasno de "Un trasno do museo ..." ás parellas. Outra teima que tiña o tal Berbenbexo era mexarlles desde un telladiño que hai traseiro no museo (é o telladiño da cociña e a cheminé) ás parellas que ían facer alí as súas cousas.(P. 114)



xn--espaaescultura-tnb.es
Nesa cociña tamén debe haber un escano (banco con mesa incorporada ás veces)

Este convento ten un claustro, chamado de San Francisco e no medio debería ter un pozo. Sóavos isto de algo? Efectivamente, a ese claustro e a ese pozo faise referencia en "Visita nocturna" e en "Un paxaro posible". Aí veremos os reloxos de sol. A protagonista do primeiro relato menciónaos, especialmente o da muller. Escudos, estelas funerarias, sartegos descansan tamén aí.Vou fóra... O claustro... Reloxos de sol... Hainos ben bonitos... Este da muller é o que máis me gusta... Escudos... dos das casas...Como se chamaban esas pedras? Estelas funerarias. (Pp 28-29)


De vigoenfotos.com

E no vestíbulo eses mobles con tantos caixonciños que chaman bargueños.



Xa no interior deberemos prestar atención aos mosaicos, sobre todo o de Parsífae,nai do Minotauro. Vou para dentro....... Máis santos... E cousas relixiosas... Sigo....... Os mosaicos... Isto si que me gusta a min... Este, este... Parsífae, que era irmá de Circe, foi a nai do Minotauro. (P.29)

 Na escaleira estará a imaxe de San Francisco de Asorey. Ante ela rezaba o pobre frade "tatuado".




Arriba prehistoria, estará "A serpe de pedra"?. E os torques (doazón de D. Álvaro Gil) Un ano Álvaro Gil doou os seus torques ao museo de Lugo, e alí os puxeron nunha sala especial (P.113); as arracadas (especie de colgantes), moedas, etc.






 
 Apartado especial merecen os cadros: Castelao, Laxeiro, Xulia Minguillón coa "Escola de Doloriñas"


De vaqueiro.galiciae.com

Entre os cadros atoparemos o da muller maior co paxaro que impresionou os rapaces de "Un paxaro posíbel"? O paxaro estaba na pintura e acababas fixándote nel porque era o único que alí podía significar unha miguiña de liberdade. (P.97)E tamén o cadro da muller núa de Antonio Fernández e o retrato do autor que observaba o trasno facer das súas no último relato. Un dos trasnos, ao que chamaban Berbenbexo, adoitaba ir tocar as tetas dunha muller núa que hai pintada nun cadro do pintor Antonio Fernáncez, que amosa redondas e apetitosas. (P. 113)

Esperemos que isto axude na vosa visita ao museo. Boa viaxe!

3 comentarios:

  1. Este traballo ten que axudalos. A min, despois de ler isto, entráronme ganas de ler o libro e de ir ver o museo.

    ResponderEliminar
  2. Marisa, ánimo co blog, pois é un elo máis nesta cadea fascinante que para min é Internet. Segue amosando a túa valía. Os meus parabéns.
    Isabel

    ResponderEliminar
  3. Marisa, benvida á comunidade blogueira. Lin, como tu dis, en diagonal, a información que nos ofreces sobre o libro e o museo. Esta fin de semana parareime máis na túa bitácora pois xa sabes que o luns andaremos nestes escenarios.

    Bicos, ánimo e felicitacións. Ave.

    ResponderEliminar