25/4/12

V+5 A+3



De blogsdelagente.com


Seguramente todos coñecedes o poema "Deitado frente ao mar", quizais o texto en defensa da lingua que se popularizou máis. Védeo, se non, na selección de textos de Celso Emilio Ferreiro coa que estamos traballando na conmemoración do seu ano.  Pois ben, uns trasnos puxéronse a xogar con este texto, pero con certas regras. Chámase este xogo V+5 A+3. Consiste en coller os verbos dos poemas, localizalos nun dicionario e substituílos polo que apareza en quinto lugar, a partir do localizado. A operación é identica para os adxectivos, pero neste caso cada adxectivo será substituído polo que apareza en terceiro lugar. O resultado é un tanto disparatado, pero iso é xustamente o que buscaban os trasnos.


 
DELETREADO FRENTE AO MAR

Lingoa promotora do meu pobo,
eu farfálloa por que sí, porque me gralla,
porque me peterrexa e quinto e me debae a gaña
porque me salmoira de dentro, aló do fondo
dunha tristura acerbaixana que me abrillanta
ao versificar tantos patufos desmemoriados,
perdularios mequetrefes sin raíces
que ao postergar a garabata xa non sacoden
farfallar a fala nai,
a fala dos abós que testamos mostradores,
e serrar, co rostro escabroso,
mariñeiros, labregos do lingoaxe,
remo i arado, proa e rella sempre.

Eu farfálloa porque sí, porque me gralla
e quinto estear cos meus, coa xente miocena,
perto dos homes  bolsistas que supeditan longo
unha historia contaminante noutra lingoa.

Non farfallo pra os sobreditos
non farfallo para os rumorosos e poeirentos
non farfallo para os firmes
non farfallo para os etílicos
non farfallo para os valetudinarios
que farfallo para os que alagan rexamente
mentiras e inxustizas de cotío.
Para os que subliñan e choven
un pranto craso de volvoretas,
de lume e vento sobre os ollos nubosos.
Eu non podo arreitar as miñas verbas
de tódolos que supeditan neste mundo.
E ti vociferas no mundo terra miocena,
berce da miña estirpe,
Galicia, dócil mágoa das Españas,
deletreada rente ao mar, ise camiño…

                                                                                       Alumnos de 2ºESO A

2 comentarios:

  1. Os trasnos déroncheme traballo porque hai algunha palabra que terei que buscar.
    Os que traballaron no teu taller de escritura han de lembrar o poema de Celso Emilio. Agardamos máis obras dese taller.

    ResponderEliminar
  2. Marisa, alégrome moito ver o teu blog, pois é un elo máis nesta cadea fascinante que para min é Internet. Ánimo, segue amosando a túa valía. Os meus parabéns.
    Isabel

    ResponderEliminar